Ata hoxe, un dos trazos que caracterizaron a vida municipal foi a desarticulación intelectual e social da cidade. Os sectores con capacidade para xerar opinión e contribuír intelectualmente á conformación da cidadanía mantivéronse no ámbito da súa vida privada e permaneceron, na súa maior parte, á marxe dos debates e da participación directa nos asuntos da polis...Por todo isto conformamos a Asociación Outrovigoeposible (OVEP), como un foro aberto e plural que recolla as diferentes sensibilidades de pensamento que existen en Vigo e a súa área metropolitana. Que ten como referente fundamental un compromiso real coa defensa dos principios de sostebilidade e das restantes directrices europeas sobre o crecemento urbano. En definitiva, un espazo cívico de encontro, debate e intercambio de información que interveña na elaboración de propostas concretas que contribúan a integrar a Vigo na Rede de Cidades Europeas Sostibles.Enlace á Declaración Fundacional de OVEP
Campaña actual: Outra Panificadora é Posible
Nestes intres estamos embarcados nunha campaña para recuperar para uso público todas as edificacións da Panificadora.
A Panificadora, edificio industrial singular de Vigo está en perigo.Un plan desmesurado ameaza a zona. Estamos traballando para salvala.Coñece a nosa campaña
Ti tamén podes colaborar: Firma o manifesto.
 |
|