Inicio
Septiembre 2010 Octubre 2010
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Sindicación

 
Imprimir E-Mail

Podes firmar este manifesto aquí

OUTRA PANIFICADORA  É  POSIBLE 

A historia recente de Vigo é a das oportunidades perdidas. Cando se anuncian iniciativas que alterarán a nosa cidade, non lle damos importancia. Cando edificios emblemáticos desaparecen de un día para outro, e no seu lugar aparecen outros banais, mal dimensionados e que alteran a memoria e a paisaxe da cidade, botámonos as mans á cabeza e preguntámonos irritados como se puido facer tal desfeita. Entón xa é tarde.
Polo tanto, facemos un chamamento á cidadanía de Vigo a defender un dos edificios emblemáticos da cidade, a Panificadora.
A través do mesmo pedimoslle ao Concello que recupere para uso público todas as edificacións que forman este conxunto, non só os SILOS, que as integre dentro da reordenación da Praza do Rei , do seu entorno, e da tan necesaria reforma da Casa do Concello nun edificio digno, que sirva, así mesmo, de punto de inicio dunha recuperación exemplar, aínda que tardía, do Casco Vello.
O edificio de a Panificadora de Vigo é unha mostra valiosa do movemento arquitectónico moderno e por iso foi catalogado no DOCOMOMO (Catálogo internacional para a Documentación e Conservación do Movemento Moderno).
A Panificadora foi deseñada polo arquitecto vigués Manuel Gómez Román e polos enxeñeiros alemáns Otto Werner e Jorge Buchl. Inaugurado en 1924, é un dos primeiros edificios españois en usar o formigón. Pola importancia histórica do edificio e pola presencia poderosa da edificación na paisaxe urbana de Vigo, foi elixido como edificio significativo pola Comisión de Cultura da Delegación do COAG en Vigo para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura 2002.
A recuperación de todas as edificacións da Panificadora debe servir para dotar ao Concello das dependencias que precisa, así como integrar a sede da nova Biblioteca Nacional a financiar polo Ministerio de Cultura. Trátase de rehabilitar, recuperar e reutilizar, e non tanto de engadir novos volúmenes de edificación aos xa existentes, nin de construir máis edificios na Praza do Rei.
Os tempos son chegados de que todos os vigueses e as viguesas defendamos os nosos sinais de identidade e reclamemos un entorno urbano no centro da cidade digno dunha urbe moderna e respectuosa co seu legado histórico. 

 

Porta da Panificadora

 

Outra Panificadora é posible

Outro Casco Vello é posible

Outro Vigo é posible