Considerámonos obrigados a lanzar unha chamada a todos os partidos políticos concorrentes ás vindeiras eleccións, para que teñan na máis seria consideración o Decálogo que OUTROVIGOÉPOSIBLE, Asociación de participación cidadá, presenta a continuación -e que debe ser entendido como unha brevísima síntese de mínimos-, onde se enuncian as liñas de xestión que, ó noso xuízo, se amosan imprescindibles e de atención preferente para o desenvolvemento sostible desta cidade; encol delas desexamos un pronunciamento na campaña electoral e, sobre todo, solicitamos unha firme defensa na próxima lexislatura.Ós partidos políticos Decálogo
|